EXIPTO: unha semana en ruta

Cando unha chega a Exipto faino coas expectativas moi altas: a única marabilla do mundo antigo en pé, o legado dos dourados tempos dos faraóns. Unha vai coa idea de visitar impresionantes templos, co Nilo como arteria chea de vida, que os vai unindo ata morrer no mar Mediterráneo. E Exipto non defrauda.