Levamos uns cantos anos sendo veganas (5 e 3 anos) e, polo tanto, temos moitos meses de experiencia á hora de planificar as nosas comidas diarias e ter unha dieta que nos faga felices.

Se estás lendo isto, pode que esteas coqueteando coa idea de facerte vegana pero teñas certas dúbidas. Dúbidas relacionadas coa dispoñibilidade de alimentos, coa comodidade, cos nutrientes… Ou mesmo medos. Medos que diariamente infunde unha sociedade que non ten sempre en conta ás persoas con dietas baseadas en plantas.

A día de hoxe, cada vez existen máis posibilidades neste sentido. Neste artigo queremos falarche dunha que coñecimos hai ben pouco pero que encheu o noso ollo desde o principio: Fresh Greens

Un estilo de vida

Fresh Greens é dúas cousas: facilidade e calidade. Un servizo que che ofrece comidas semanais veganas para que non te teñas que preocupar por cociñar, con todo o que isto implica nunha dieta vegana. O seu obxectivo principal é, se estás pensando en facerte vegana, que a transición sexa máis sinxela, alcanzable e deliciosa.

Prezos e servizos de Fresh Greens

Outra das opcións é que xa sexas unha persoa vegana e esteas interesada nun servizo que che permita ter comidas diariamente sen preocuparte por cociñar. Se non tes tempo para dedicarlle á cociña, Fresh Greens pode ser unha gran opción.

Este servizo conta con diferentes subscricións que, en esencia, che ofrecen plans con diferentes prezos en función das persoas que queiras meter no plan e dos platos semanais, que van desde os 4 aos 8. Podes botarlles un ollo neste enlace e, se decides subscribirte a algún co código de desconto FRESH40, terás un 40% de desconto no teu primeiro pedido e un 20% de desconto nos teus pedidos segundo e terceiro. 

Menú variado para todos os gustos

Tampouco tes que ter medo da falta de variedade. Cada semana renóvanse os menús e podes ir elixindo os pratos que máis che gusten: lasaña con boloñesa de seitán, crema de calabaza, pasta con salsa de setas, ñoquis en estofado, berenxenas con arroz e infusión de lemongrass… Innovación, equilibrio e, sobre todo, ingredientes de calidade.

A nosa opinión sincera sobre Fresh Greens

Sabes que todo o que traemos a este espazo ten que ver con cousas que probamos, que visitamos ou que vemos. Falamos desde a sinceridade e o coñecemento.

Neste caso, nós sempre imos preferir cociñar na casa e planear as comidas. É o ideal. Xeramos menos residuos e cociñamos o que queremos. Isto é o que recomendamos e o que nós facemos sempre que podemos. Con ingredientes que nos gusten e tamén intentando utilizar os vexetais que plantan nas hortas que temos de man (sabes que aforrar é unha das máximas deste blog 😉).

Pero é certo que moitas veces, por falta de tempo, por pereza ou porque apetece, pois tiramos de produtos envasados ou precociñados. Unha empanada vegana, hummus, latas… E é neste caso, cando Fresh Greens pode ser unha boa solución.

É certo que, dependendo dos teus ingresos, pode ser unha inversión grande, pero nós prantexámoscha porque tamén ten esa parte de comodidade e variedade.

Nós probamos Fresh Greens con 5 platos durante unha semana e estas son as conclusións que sacamos.

Delicioso, ben cociñado, caseiro e sinxelo

A comida de Fresh Greens é deliciosa. O empaquetado é moi cómodo, pois a comida ven refrixerada nun envase reciclable que tan só hai que abrir, meter no micro un par de minutos e listo! Iso si, non deixan de ser residuos que estamos xerando.

En canto aoss ingredientes, son de máxima calidade e teñen un gran sabor.

No noso caso, probamos estes platos:

  • Orcchiette con salsa de salvia e verduras: un plato de pasta riquísimo, cun toque de frescor grazas á salsa, con moito sabor e contundente.
  • Chili vegano con arroz integral: unha opción para quen lle guste o picante, non ten moito, pero haino que ter en conta. Na web podes ver os platos que teñen picante.
  • Estofado de garbanzos e setas ao pimentón: recordáronnos bastante aos callos, o cal xa é un puntazo de por si. Moi nutritivos e convintes para o inverno.
  • Crema de coliflor, tahini e limón:
  • Tikka masala: por un momento foi como volver á India. Especias, aromas e verduras na súa xusta medida para saborear un dos pratos máis típicos da comida india sen saír da casa.
Estofado de garbanzos cun toque a callos tremendo

En conclusión, a comida está deliciosa, os produtos son excelentes e a comodidade é máxima. Iso si, para nós as racións son algo escasas para unha soa persoa. Sempre dependerá do tipo de plato que elixas e da cantidade que comas normalmente, pero para nós quédase un pouco curto.

A boa noticia é que tes varias solucións: podes pedir máis pratos á semana (ata 8) e mantelos refrixerados, ou apoiar a ración con algo de pan, con un pouco doutra guarnición, etc.

O teu menú Fresh Greens co 40% de desconto

E, con todos estes pros e contras comentados, podes tomar a decisión que mellor che veña. No caso de que che encha o ollo a opción de comezar con Fresh Greens, podes subscríbete agora a través deste enlace e conseguir un 40% de desconto no teu primeiro pedido e un 20% de desconto nos teus pedidos segundo e terceiro co código FRESH40. Aproveita e xa nos contarás no caso de que decidas probalo!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.