Santiago de Compostela é, ademais da capital de Galicia, un dos lugares con máis oferta para comer vegano. Por iso, imosche eninar os mellores lugares donde comer vegano en Santiago de Compostela.

Ccada vez existen máis restaurantes que ofrecen opcións veganas e nesta cidade con clara vocación universitaria, hai algún que ten o menú 100 % vegano. Imos coñecelos!

Donde comer vegano en Santiago de Compostela

Pequeno disclaimer: queremos avisar de que so imos falar de cousas que coñecemos persoalmente. Aínda nos quedan moitos sitios nos cales probar comida vegana e, por iso, iremos actualizando este artigo a medida que vaiamos ampliando a nosa lista de lugares en Compostela.

Entre Pedras (100% VEGANO)

Curiosamente, a primeira vez que probamos a comida do Entre Pedras, non foi en Santiago de Compostela, senón en Vigo, na Primeira Feira Vegana vegana.gal (deixámosvos o noso posa por el a nun vídeo aquí debaixo). 

Teñen fama, e é merecida, porque traballan moito e moi ben. A súa carta é 100% vegana e iso para nós sempre é un plus polo cal apostar. E todo está riquísimo.

Cada vez que imos a Compostela, intentamos parar por alí para probar novos platos, pero hai algúns que sempre nos tentan.

Os nachos con guacamole, os roliños de verán, a zorza de seitán con patacas… Hai tanta variedade que abruma! Pero é algo xenial.

Tamén probamos a quesadilla de tempeh e varios postres que son unha delicia: tarta de cenoura cuberta de chocolate e un doce de pistacho e amorodo que estaban para caer do gusto. 

De feito, tan rico estaba todo que esquecemos facerlle foto a algunha cousiña, pero facédesvos unha idea 😉

Nin que dicir ten que outra das cousas xeniais de este local é que son moi atentas. Ademais, colaboran cun lote de causas xustas como son o santuario Vacaloura ou Micos do Barrio.

Igual non se nota moito, pero é un dos nosos restaurantes favoritos de toda Galicia. Por certo, se queres coñecer todos os restaurantes con opcións veganas que visitamos de Galicia, quédache por aquí este artigo: donde comer vegano en Galicia.

Precisamente o primeiro día que non puidemos cear no Entre Pedras, atopamos un recuncho moi acolledor e cunha comida fantástica e abundante na mesma rúa, na acera de enfrente e un pouco máis abaixo. 

A porta verde é un restaurante vexetariano que traballa desde hamburguesas de froitos secos, pasando por durum, croquetas arroz ou wok de verduras. Moita variedade vegana para saír cheas e cun sorriso na cara. De feito xa repetimos.

É un lugar super acolledor e cunha cociña excelente. Para darlle máis dunha oportunidade.

A Medusa Pub non é un bar calquera. É unha experiencia. Non vas só para tomar algo. Vas para entrar nun espazo seguro, interesante e cómodo. Por que non dicilo, son completamente a nosa xente!

A ver, que podes tomar un delicioso sándwich de pesto vegano cunha cunca de chocolate? Podes –e sempre estaremos agradecidas por esta recomendación á nosa queridísima Laura (Pingando)–. Pero tamén podes aproveitar e ir algún día que teñan programados eventos chulos como mercados de arte, de literatura, de roupa, eventos musicais, etcétera.

Mellor, pasádevos polas súas redes e comprobádeo por vós mesmas (e ide, claro).

Telekebab

Pero non todo ten que ser restaurante ao uso para comer vegano en Santiago de Compostela. E o Telekebab da rúa Rosalía de Castro é o mellor exemplo.

Descubrimos este local un sábado á 1 da mañá cando saíamos dun concierto de Los Chikos del Maíz. Estábamos por entrar en calquera kebab para tratar de conseguir un de falafel sen salsas nin queixo pero, cando pasamos por diante deste e vimos a V de vegano na porta, entramos de inmediato.
A nosa salvación á unha da mañá
Boa decisión. Ofrecéronnos un de falafel con salsa vegana por un bo prezo e moi rico.

Mercado La Galiciana

Como o seu nome indica, este lugar é un mercado. Un mercado de oferta gastronómica. Algo semellante á proposta do icónico mercado de San Miguel, en Madrid. Reservas o espazo, sentas e elixes que tipo de cociña che apetece ese día.

Pois dentro deste espazo, unha desas cociñas é a de The Veggie Carmen. Unha proposta culinaria que aposta polos produtos caseiros e de proximidade.

Este é un segredo que queremos compartir contigo por chegar ata aquí, porque de verdade que pasa desapercibido e non pensarías que teñen repostería vegana.

Pois si, non só teñen opcións veganas nesta panadería, senón que teñen os mellores alfajores que probei nunca. Así, e que a xente de Arxentina nos perdoe, pero é certo. Riquísimos, normais ou de chocolate branco. É importante preguntar polas opcións que teñen ese día para que che poidan indicar.

Envexa do noso alfajor? Eu tería...

Apoiar aos restaurantes veganos

Por sorte e, como se pode comprobar, cada vez resulta máis sinxelo atopar propostas de hostelería que apostan pola non explotación animal. E iso alégranos moito. 

Este artigo créase coma un lugar dinámico no cal ir actualizando estas propostas. Como unha guía para poder descubrir lugares donde comer vegano en Santiago de Compostela. Quédache por aquí o mapa completo para que poidas localizar eses restaurantes.

É unha mágoa cando algún lugar destas características, pola razón que sexa, ten que pechar as súas portas. Por esta razón, e para que cada vez sexan máis os restaurantes e bares que apostan polo veganismo, animámoste a consumir neles.

Unha alternativa extra

Se chegaches ata aquí, pode que esteas pensando en facerte vegana pero teñas certas dúbidas relacionadas coa dispoñibilidade de alimentos, a comodidade, etc. 

Como ves, cada vez existen máis posibilidades neste sentido. Neste artigo contámosche moitas, pero queremos engadir unha que che permita comer vegano en casa sen ter que cociñar: Fresh Greens.

Neste outro artigo do blog falámosche máis en profundidade do que é Fresh Greens e do que nos pareceu, pero adiantámosche que é un servizo para pedir platos de comida veganos e saudables de xeito semanal. Comodidade 100% plant based. Se queres darlle unha volta, podes tamén ver as opcións a través da súa web e, se te decides, comezar a probar comida 100% vexetal cun desconto de ata o 40% utilizando o código FRESH40.

Pulsa na imaxe para ver as opcións

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.