«Donde comer vegano en Galicia? Ten que ser moi difícil…». Unha teima que se repite continuamente e que, a pesares de ter parte de verdade, cada vez é menos. O certo é que ser vegana en Galicia, unha vez tomas a decisión, cada vez é máis sinxelo.
De feito, e como che imos contar aquí, cada vez existen máis restaurantes que ofrecen opcións veganas ou que incluso teñen o menú 100 % vegano en Galicia. Queres coñecelos? Imos aló!
Donde comer vegano en Galicia
Pequeno disclaimer: queremos avisar de que so imos falar de cousas que coñecemos persoalmente. Aínda nos quedan moitos sitios nos cales probar comida vegana e, por iso, iremos actualizando este artigo a medida que vaiamos ampliando a nosa lista de lugares en Galicia.
Comer vegano en A Coruña
Na tranquilidade da cidade vella atópase este restaurante tan especial. Cunha estética alternativa que enche o ollo nada máis entrar e unha cociña caseira e deliciosa. As encargadas son moi atentas e a carta variada e divertida.
Non só contan con pratos variados, tamén cunha carta de bebidas moi diversa. O té xeado caseiro é especialmente refrescante para o verán. En pratos, recomendaríamos o kebab de yuba ou o “polbo” á feira, pero o interesante é deixarse sorprender!
A comida, as salsas, as guarnicións… Todo é caseiro nun restaurante que xa se convirte nunha das nosas referencias para comer vegano na Coruña.
A Factoría Verde (100% VEGANO)
A xoia da coroa vegana da Coruña. Foi o primeiro lugar en apostar por unha carta completamente vegana na cidade herculina. É un local que conta con produtos ecolóxicos, de proximidade, de calidade e, por suposto, veganos. O seu prezo vai acorde á calidade que brinda, como é razoable. Cando se fan as cousas ben, hai que pagalas.
Levo tempo e tempo buscando un lugar onde comer unha pizza que me encha 100%. E aínda que hai máis opcións (como verás máis abaixo), o certo é que A Pastar chega no 2023 con forza cunha oferta estupenda.
O local está na Rúa Puerto Rico e é moi agradable. Probamos unha tapa de ensaladilla caseira moi moi boa, pero sen dúbida o que nos marcou foron as pizzas.



Tamén de elaboración caseira e utilizando a masa dun obrador de pan de Carral marca a diferenza. Que deliciosura… Probamos a pizza de verduras e a barbacoa e están de 10. Tamen probamos as cookies de postre. Pero hai moitas máis opcións! Convidámoste a visitar o seu Instagram. Sen dúbida un lugar para darse un par de caprichos. Volveremos en canto poidamos!
É un servizo de cátering que se pode contratar para vodas e outros grandes eventos. Non conta cun restaurante no cal sentarse a comer, non obstante, pódense encargar os pratos que ofrecen na súa web. Son moi atentas e os produtos cos que traballan, deliciosos. Especial mención aos tequeños, un produto que é difícil atopar por aí en versión vegana e que, cando o probamos, case nos fan chorar da emoción.
Mahara Taberna
Sempre dicimos que puidesen existir máis lugares con opcións veganas con ese estilo típico das tabernas. Por sorte, cada vez hai máis posibilidades neste sentido. O Mahara, situado na céntrica rúa do Orzán, é un deses lugares.
Non hai máis que ver dous dos seus pratos máis especiais: o raxo con patacas e a tortilla. Son dous pratos que custa facer veganos e que teñan ese sabor tan característico.
Pero, concretamente, coa tortilla de patacas é unha auténtica pasada. Ten esa textura tipo Betanzos tan característica e un sabor intenso que merece a pena probar.
Ademais destas dúas opcións, probamos os tacos e as gyozas de verduras. Ollo que os primeiros pican! Recomendamos o Mahara 100%. Delicioso.

The Breen’s Tavern
Esta taberna de marcado estilo irlandés está situada no centro da cidade, na mesma Praza de María Pita. Ten unha terraza fantástica onde aproveitar os raios de sol nos días que este decide saír. Viñemos por recomendación para probar a tapa de callos veganos. Hai que dicir que é unha tapa contundente. O sabor dos callos está moi logrado grazas á mestura duns bos cogomelos cos garabanzos e especias como o comiño. Pica un pouco, iso si, tédeo en conta.

Giova Pizza
Moitas veces asociamos “vegano” a exclusivo, concienciudamente elaborado, sano, eco, bio e, por tanto, caro. Pero xa hai tempo que as persoas veganas tamén podemos gozar do pracer da comida rápida. Un anaco de pizza vegana de Giova Pizza cando a fame aperta é xenial.

Cervecería Victoria
Unha clásica cervexería da cidade da Coruña. Preto da praia de Riazor, ademáis dun espazo e un persoal agradable, ofrece unha variedade de pratos veganos e de moita calidade. Ir alí é un pracer e, sen dúbida, unha parada obrigatoria para comer vegano en A Coruña.
Vitale (pechado)
Cando buscamos restaurantes veganos en Galicia, ultimamente, buscamos que sexa algo así como a “Taberna do tío Paco” en versión tofu. É dicir, que sexa algo tipo mesón de menú do día a 10 euros no cal podes recargar o teu cancharolo de fabas pero en versión vegana. Ou pedir unhas racións de fritangas para compartir.
Esta versión, representada perfectamente polo B13 en Madrid, é difícil de atopar. Non obstante, o Vitale foi o primeiro local de Galicia no que nos sentimos así. Unha mágoa que pechara as súas portas.
Comer vegano en Oleiros
After Surf
Arredor da praia de Bastiagueiro sitúanse dous lugares nos cales paga a pena xantar. O primeiro deles é o gastrobar do After Surf. Ademais dunha escola de surf e dunha tenda de mateiral de surf e skate, o After Surf conta cunha hamburguesa vegana especialmente deliciosa.
Camping Bastiagueiro
Comer vegano en Santiago de Compostela
Entre Pedras (100% VEGANO)
Curiosamente, a primeira vez que probamos a comida do Entre Pedras, non foi en Santiago de Compostela, senón en Vigo, na Primeira Feira Vegana vegana.gal (deixámosvos o noso posa por el a nun vídeo aquí debaixo). Teñen fama, e é merecida, porque traballan moito e moi ben. A súa carta é 100% vegana e iso para nós sempre é un plus polo cal apostar.
En maio de 2023 conseguimos ir xantar con calma xa en Santiago e temos que dicir que foi toda unha experiencia culinaria. Roliños de verán exquisitos, quesadilla de tempeh e zorza vegana. De postre, un cachiño de tarta de cenoura cuberta de chocolate e un doce de pistacho e amorodo que estaban para caer do gusto. De feito, tan rico estaba todo que esquecemos facerlle foto a algunha cousiña, pero facédesvos unha idea ;).


Nin que dicir ten que outra das cousas xeniais de este local é que son moi atentas. Ademais, colaboran cun lote de causas xustas como son o santuario Vacaloura ou Micos do Barrio.
A porta verde
A porta verde é un restaurante vexetariano que traballa desde hamburguesas de froitos secos, pasando por durum, croquetas arroz ou wok de verduras. Moita variedade vegana para saír cheas e cun sorriso na cara. Repetiremos
Telekebab
Pero non todo ten que ser restaurante ao uso para comer vegano en Santiago de Compostela. E o Telekebab da rúa Rosalía de Castro é o mellor exemplo.

Mercado La Galiciana
Como o seu nome indica, este lugar é un mercado. Un mercado de oferta gastronómica. Algo semellante á proposta do icónico mercado de San Miguel, en Madrid. Reservas o espazo, sentas e elixes que tipo de cociña che apetece ese día.
Pois dentro deste espazo, unha desas cociñas é a de The Veggie Carmen. Unha proposta culinaria que aposta polos produtos caseiros e de proximidade.
Comer vegano en Costa da Morte
Carballo: Taberna o Logradouro
É outra desas tabernas que nos fan chorar da alegría e a emoción. Sentarse e pedir sabendo que tes variedade, bo produto e cociña con agarimo. No Logradouro, en Carballo, atopamos un recuncho no cal poder xantar vegano a bo prezo cun trato exquisito.







O Pindo: a Morada da Moa
Durante o blogtrip pola Costa da Morte coa CMAT, tivemos a oportunidade de degustar un menú vegano neste coñecido restaurante da localidade do Pindo.









Tiveron un coidado exquisito co noso xantar e estaba todo delicioso. De primeiro ensalada de lentellas con mandarina, de segundo unha lasaña vegana en cunca de barro e de postre (si, postre) un biscoito de améndoa para quitar o hipo.
Malpica de Bergantiños: Ybarra
Non conta con máis que tres opcións veganas pero, debido á falta de oferta na vila, converteuse no noso punto de referencia aquí. Na súa carta descubrimos con ledicia a hamburguesa e o bocadillo vegano e o hummus á feira. Así que se vides visitar este recuncho, xa sabedes onde comer vegano en Costa da Morte.
Comer vegano en Pontevedra
Dükela
Rumbo sur ata a provincia de Pontevera, descubrimos dous sitios fantásticos. O Dukela é unha aposta fiel pola comida de oriente próximo e Marrocos, coa súa consecuente especialización en pratos que nos encantan como o humus e o falafel. Elas son moi moi atentas e que dicir do lugar. Un restaurante para deixarse levar por sensacións culinarias diferentes.




O bo xantar (pechado)
Comer vegano en Vigo
Temos moito por explorar en Vigo e, de feito, cando non coñecemos lugares onde comer nunha cidade, optamos tanto por preguntar á xente que coñece como por buscar na nosa app de Happy Cow (crédenos cando vos dicimos que esta pode ser a biblia vegana para xantar fora da casa).
Cúrcuma
O Cúrcuma é un restaurante que merece un lugar nesta lista. Tivemos a sorte de cear alí coas compañeiras de GaliciaTB durante o evento de “Novas caras do Turismo” a finais do ano pasado.
Teñen desde wok de verduras, pasando por tacos ou berenxena rechea. Ah, e como esquecer o Pad Thai. Por un momento, transpórtaste aos aromas e sabores do suleste asiático. Outro lugar para repetir.
Comer vegano en Ourense
Deliveggie (100% VEGANO)
Outro lugar que queremos destacar. O Deliveggie, en plena cidade de Ourense, é outro deses restaurante de 10 que apostan por un produto 100% vegano. Ademais diso, a comida está deliciosa e o trato da encargada é exquisito.




No Deliveggie sentímonos unha vez máis coma na casa, comemos ata encher e saímos coa sensación de que volveríamos en canto puidéramos.
Apoiar aos restaurantes veganos
Por sorte e, como se pode comprobar, cada vez resulta máis sinxelo atopar propostas de hostelería que apostan pola non explotación animal. E iso alégranos moito.
Este artigo créase coma un lugar dinámico no cal ir actualizando estas propostas (ainda temos que probar un restaurante vegano na provincia de Lugo!). Como unha guía para poder descubrir lugares donde comer vegano en Galicia. Quédache por aquí o mapa completo para que poidas localizar eses restaurantes.
É unha mágoa cando algún lugar destas características, pola razón que sexa, ten que pechar as súas portas. Por esta razón, e para que cada vez sexan máis os restaurantes e bares que apostan polo veganismo, animámoste a consumir neles.
Unha alternativa extra
Se chegaches ata aquí, pode que esteas pensando en facerte vegana pero teñas certas dúbidas relacionadas coa dispoñibilidade de alimentos, a comodidade, etc.
Como ves, cada vez existen máis posibilidades neste sentido. Neste artigo contámosche moitas, pero queremos engadir unha que che permita comer vegano en casa con comodidade: Vegan Food Club.
Neste outro artigo do blog falámosche máis en profundidade do que é Vegan Food Club e do que nos pareceu, pero adiantámosche que é un servizo para pedir platos de comida veganos e saudables de xeito semanal. Se queres darlle unha volta, podes tamén as opcións a través da súa web e, se te decides, comezar cun desconto de ata o 30% utilizando o código VFCLUB30.
4 comentarios
Lady Avellana Viajes · 26/04/2023 ás 12:30 p.m.
Bo día parella!
Post suuuuper útil e que visitarei con frecuencia para ver as actualizacións que vaides facendo.
Deixovos un par de suxerencias de lugares que visitei con amigas veganas e que espero podades probar se é que non o fixéchedes polo momento:
– Mahara: Situado na Coruña, é unha taberna de rock onde sirven comidas e, unha parte importante da súa carta, é vegana. Eu probei a tortilla e o raxo e estaban boísimos! Sabores moi logrados, racións abundantes a bo prezo e con ambiente de “taberna do tío Paco” como dicides por aquí arriba, jeje.
– Pizza Miño: Ubicado en Miño (A Coruña), hai que recoñecer que non é o sitio que máis opcións veganas ten do mundo, pero é bo saber que nesta parte do rural tamén hai opcións. Na pizzería teñen pizzas veganas, nuggets de “no pollo” e hamburguesas.
Espero que vos molen estas recos e grazas polas vosas! Xa vos contarei que tal nos lugares que recomendáchedes e, se me entero dalgún novo, cóntovos! Jeje
Apertas para as dúas!
Sergio Casal · 26/04/2023 ás 2:10 p.m.
Moitas grazas, Ana!
A ver se podemos probalos canto antes!! O de pizza miño queda máis que pendente para os próximos tempos 😉
Biquiños
LANZAROTE: UNHA ILLA PIRATA E MIL PLANS 2020 - TOXÍO · 22/03/2023 ás 8:18 p.m.
[…] Tes un centro de saúde, farmacia, supermercado, charcóns e praias para bañarte preto e ata unha arepería! Iso si, para veganizar a túa arepa terás que falar coas encargadas. A verdade é que, polo de agora, non descubrimos tantos sitios para comer vegano en Lanzarote como en Galicia. […]
Que ver na Costa da Morte: 3 días | TOXIO · 05/10/2023 ás 11:01 a.m.
[…] a comida, que é central para nós, especialmente cando a atopamos boa, tes un artigo específico aquí. E, en Costa da Morte, hai pouquiños sitios que digan especificamente que son veganos, pero neste […]