A pesar de que o galego está a vivir un dos peores momentos da súa historia como lingua, nós pensamos que, desde os novos formatos, podemos darlle vida.
Unha das nosas máximas é que, en internet a día de hoxe, calquera de nós pode crear contido en galego sobre moitos temas. E, por sorte, cada vez somos máis as persoas que decidimos utilizar a nosa lingua para compartir en redes sociais.
Neste sentido, despois de xa uns cantos anos creando contido en galego en redes sociais como Youtube, Instagram ou TikTok, decidimos que era un bo momento para comezar a levar a nosa experiencia aos centros de ensino do país a través de charlas e obradoiros.

Charlas de Creación de Contido en Galego
Esta vertente do noso proxecto, que comezou hai un par de anos da man da iniciativa Youtubeiras+, levounos a diferentes centros de secundaria, formación profesional e mesmo Universidades para falar sobre a creación de contido en galego.

Actualmente, ofrecemos tanto charlas como obradoiros sobre creación de contido en galego para centros de ensino. Se queres máis información sobre este formato, podes deixarnos a túa mensaxe aquí abaixo.
Tamén podes escribirnos a info@toxio.gal ou deixarnos un WhatsApp no 623297799.