Que é Toxío?

TOXÍO nace de nós, de compartir o que somos. Agora mergullámonos nunha viaxe sen billete de volta da que aínda non sabemos máis do que podes ler por aquí. Pero prometemos compartir esta viaxe da maneira máis técnica, emocional e ética que nos saia. Acompáñasnos?

Quen forma Toxío?

Xornalista especializado en comunicación política. Apaixoado pola fotografía. Esta mestura vocacional e unha gran paixón por comunicar enchen a miña mochila de cara a esta aventura arredor do mundo con Nuria. TOXÍO é a fiestra ao mundo desde os nosos ollos. Podes seguir os meus pasos tamén nas redes sociais.

Xurista e activista polos Dereitos Humanos e dos animais non humanos. Esta vida levoume por tantos camiños que me fixeron esquecer a liña que separa o profesional do persoal. Non entendo ningún proxecto que non requira entregar todo o que son. E iso é o que veño aportar a TOXÍO. Un cacho de min que soa a moito: a vida.